martes, 5 de febreiro de 2013

Entroido





Este xoves comeza o entroido en Boiro, alguén coñece o xoves de abadesas?

luns, 4 de febreiro de 2013

Programación de entroido en Boiro

Mañá ás 17h  no Centro Social de Boiro presentarase a programación do entroido 2013 de Boiro. O mércores podedes consultala neste blog, na páxina web do Concello ou como todos os anos, solicitar información na Casa da Cultura.
Lembrade que este ano tamen hai concurso de disfraces e carrozas con premios. Xa tedes preparado algo?

Bolsas de formación

Novidades en bolsas da Dirección Xeral de Xuventude da semana pasada
Enlace

venres, 1 de febreiro de 2013

Máis oferta cultural para hoxe

No Bonaparte
a partir das 23:30h

Concerto The Lakazans


Na taberna A Rúa(Catoira)
a partir das 22:00h

-monólogo do chuso
-concerto de bakin blues band
-concerto de Tumbling Dice

No Pub MANHATTAN (Rianxo)
a partir das 23:30h

Concerto THE LITTLE STONES
se non sabedes chegar estas son as coordenadas


GPS: 42.646918 -8.815765 (42º 38' 48.91" N) (8º 48' 56.75" W)
No Curral do Marqués(Taragoña)
a partir das 23:30h
Concerto de "La grigetita"
http://www.youtube.com/watch?v=NkKfhttAr_M&feature=share 

 

Novo boletín de emprego da Cruz Vermella

Se queredes recibir máis boletíns, debes acercarte á Cruz Vermella de Boiro ou enviar un mail a ssboiro@cruzroja.es

Concurso para bandas de música

O concurso levarase a cabo para posibilitar a grupos musicais non profesionais presentar as súas propostas durante o Festival ARTEFICIAL 2013.
A participación no concurso está aberta a tódol@s músicos tanto de forma individual coma colectiva.
Os traballos poderanse presentar a partires do 15 de Xaneiro 2013  ata o 31 de Marzo 2013, como data límite.
O premio, consistirá na participación na sètima edición do Festival ARTERFICIAL 2013 con data de 17 de Agosto de 2013. Terán unha compensación de 250 € máis gastos de aloxamento e dietas.

Máis información: http://xuventude.pontevedra.eu/index.php/concursos-e-certames

Titulo de Bacharelato para maiores de 20 anos

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
Requisitos:a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2013.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2012-2013.
O prazo para realizar a inscrición nestas probas será entre o 18 e o 28 de febreiro de 2013 nos seguintes centros:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña.
b) IES San Clemente, Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, Vigo
As probas terán lugar o día 26 de abril de 2013 nestes centros.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED534A
Máis información no DOG do 1 de febreiro de 2013 e en www.edu.xunta.es