luns, 4 de marzo de 2013

IX Festival internacional de Documentais Play-Doc

Play-Doc Festival Internacional de Documentales celebrará a súa novena edición do 13 ao 17 de marzo, en Tui, cidade que dende os seus comezos, en 2005, acolle esta cita cinematográfica.
Nesta edición volve reunir, unha selección de películas que toman o pulso ás últimas tendencias do documental de autor máis independente e innovador. Un cine, como gusta mostrar o certame, afastado das convencións e difícil de encontrar; unha nova oportunidade para o seu diverso público de descubrir algunhas das xoias cinematográficas da tempada.
Podes consultar toda a programación e demais información de interés en: http://www.play-doc.com/web2013/gl/index.html

Prantación en Campo Maneiro



Como todos os anos a asociación Antrospinos organiza unha prantación de árbores en campo maneiro, en esta ocasión será o sábado 9 de marzo.

A xornada comezará ás 10.30 horas, de despois dunha intensa mañá de plantación, os participantes poderán repoñer forzas cunha comida na que haberá empanada, callos, viño e café a un prezo de 6 euros. Para a sobremesa, a partir das 15.30 horas, os Fende Testas ofrecerán unha actuación en directo, que terá como colofón unha tarde de xogos coa celebración dun torneo de chave. As persoas que queiran participar, poden inscribirse e solicitar información no 693 778 470, mediante correo electrónico escribindo a festivalantrospinos@gmail.com

Bolsas de investigación en Francia

A Embaixada de Francia ofrece ao Ministerio de Educación español catro bolsas de investigación dun mes de duración durante o ano 2013.
Estas bolsas destinaranse a profesores españois de francés dun centro público universitario ou a estudantes españois de Terceiro Ciclo de francés que desexen ir a Francia, no marco dun proxecto de investigación ou de preparación dunha tese doutoral, nos campos seguintes:
Lingüística ou literatura francesa.
Didáctica de francés como lingua estranxeira.
Tradución ou terminoloxía (francés/español).
Francés sobre obxectivos específicos.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 22 de marzo de 2013.
Máis información no BOE do 4 de marzo de 2013

Programa «Campus Científicos de Verán»

Os campus terán lugar do 30 de xuño ao 27 de xullo de 2013, en catro quendas de 7 días de duración cada un:
- Primeira quenda de estudantes de 1. º de Bacharelato: do 30 de xuño ao 6 de xullo.
- Segunda quenda de estudantes de 1. º de Bacharelato: do 7 ao 13 de xullo.
- Primeira quenda de estudantes de 4. º de ESO: do 14 ao 20 de xullo.
- Segunda quenda de estudantes de 4. º de ESO: do 21 ao 27 de xullo.

Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER), nas seguintes universidades:
Autónoma de Madrid, Carlos III, Extremadura, Granada, Xaén, Las Palmas, Murcia, Oviedo, País Vasco, Politécnica de Cataluña, Rovira i Virgili, Salamanca, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia, Vigo.

Requisitos:Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1995.
Alumnos que no curso 2012-2013 estean a cursar cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía en centros docentes españois.
Ter unha nota media no curso escolar 2011-2012 igual ou superior a 7,50 puntos e que superen, cunha nota mínima de 5 sobre 10, unha proba de coñecementos de resposta alternativa que se realizará a través de Internet.
As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónica www.campuscientificos.es prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de marzo de 2013.

Máis información no BOE do 1 de marzo de 2013 e en www.campuscientificos.es

venres, 1 de marzo de 2013

Cursos de conducción segura "Conduce ti"


Destinatarios:
Mozos e mozas entre 18 a 30 anos, imprescindible que saiban conducir.
Non é preciso que sexan titulares de permiso, xa que, a escola dispón de homologación da DGT.

Datas e lugares de realización:
Os cursos impartiranse nas instalacións da Escola Galega de Condutores San Martín SL
Plataforma de Estacionamento nº 2
Polígono Industrial de Teixeiro
15310 Teixeiro - Curtis (A Coruña).

Para máis información e datas das actividades consulta este enlace:
www.xuventude.xunta.es/ xuventude@xunta.es
Teléfonos : 981 554 854 , 981 541 688 e 981 544 645
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

A alimentación para a boa saúde

Esta charla informativa sobre a temática da alimentación como a base para unha boa saúde,  terá lugar o sábado día  2 de marzo ás 19:00 h no Salón de Actos do Centro-Sociocultural Auditorio do Concello de Rianxo.
Será impartida por Luis Miguel Garcia Bruzos, especialista en terapias e tratamento de medicina natural, acupuntura, osteopatía, iridoloxía, homeopatía, dietética e alimentación.
A temáticas que se tratarán serán as seguintes:
  • Como recuperar saúde
  • Como evitar enfermar
  • Como coñecer as causas ou orixes das nosas enfermidades para poder correxilas.
  • Como correxir: gases, torticolís, dor de cabeza, ...

Novas para a xuventude

Nestes enlaces podes saber máis dos programas e actividades que esta semana publicou a Dirección Xeral de Xuventude