mércores, 9 de marzo de 2016

Xornada informativa sobre os programas de mobilidade xuvenil

Se estades pensando en participar en prácticas en Europa ou algún proxecto de mobilidade europea este encontro vos será moi útil(participan un montón de entidades que vos axudarán a conseguilo).

O encontro celébrase martes 14 de marzo de 10h a 14h na Facultade de Económicas da USC(Campus Norte).

Neste enlace podes ver toda a información http://bit.ly/1R6qR4E

xoves, 3 de marzo de 2016

Subvención para Iniciativas xuvenís

Ábrese hoxe o prazo para solicitar as subvencións de Iniciativas xuvenís. As áreas para solicitalas son:

a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade concretar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de lecer.
c) Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos.
d) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
e) Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
f) Proxectos que contribúan á conservación do ambiente e á posta en valor do patrimonio natural.

Os Beneficiarios:

a) Os grupos informais de mozos e mozas

b) As asociacións xuvenís e as entidades que presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.


martes, 1 de marzo de 2016

Programas de prácticas en Europa e mobilidade xuvenil

Se estás pensando en iniciar un proxecto en Europa, ben de prácticas en empresas ou de voluntariado pero non tes claro por onde comezar ou que entidades te poden axudar e enviar, pásate polo Centro Social(1º andar) que te informamos de todo o que tes que facer e que opcións podes ter.

Ou xa coñeces os programas de voluntariado europeo e as prácticas de formación LA IDA en Alemania?

Curso de monitor de tempo libre



Para os que vos quédachedes sen a oportunidade de participar no curso de mtl que se organizou en Boiro..estades a tempo

Curso de Monitor en Actividades de Tempo Libre en Riveira.
Inicio o 19 de marzo de 2016.
Máis información e inscricións: www.escoladasillas.com
620 438 575 - 630 065 890