venres, 29 de abril de 2011

Curso de Organización dunha empresa de tempo libre

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o curso de Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas

PERSOAL Ó QUE VAI DIRIXIDO:

Mozas e mozas de 18 a 30 anos que non sexan persoal das administracións públicas.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

Orde de inscripción ata cubrir prazas.

Nº DE HORAS: 110

Nº DE EDICIÓNS: 1

Nº DE PRAZAS: 20

CONTIDOS:

A empresa e o seu contorno.

Investigación social e de mercados.

Creación e legalización de pequenas empresas do sector.

Regulamento das relacións laborais.

Xestión administrativa.

Servizos bancarios para a pequena empresa.

Compravenda e alugamento de bens inmobles.

Accións promocionais: instrumento e métodos de control.

Oferta xeral de actividades. Elaboración.

Valoración da calidade do servizo prestado.

MODALIDADE: a distancia

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 26 de abril a 5 de maio.

DATA DE REALIZACIÓN: do 7 de maio ao 25 de xuño de 2011.

MÁIS INFORMACIÓN : Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia. Tlef. 881 99 76 07 ( De 15 a 20 horas).

Campos de Traballo en Kenya

KVDA Kenya organiza actividades :
Os voluntarios traballarán 6 horas diarias de luns a venres. Os voluntarios participarán en campañas de concienciación, construción de aulas, fabricación de ladrillos, plantación de árbores, construción de latrinas, ensino e visitas a fogares, entre outras actividades.

Máis información en http://www.kvda.or.ke

xoves, 28 de abril de 2011

Cursos no eido do tempo libre

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, mantén aberta a inscrición nos cursos de:

-Animación para discapacitados intelectuais que se realizará do 2 ao 27 de maio en en Pontevedra. E-mail: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

- Ocio centrado na persoa que terá lugar os vindeiros 3-4-5 de xuño en

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). E-mail: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Para inscribirte descarga aqui o formulario de inscripción , cóbreo cos teus datos, e envíao aos enderezos electrónicos do curso no que esteas interesado/a.

Se queres máis información chama ao 981 95 70 57 /881 999 189.


mércores, 27 de abril de 2011

Campos de traballo da Xunta de Galicia

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para solicitar praza nos campos de traballo que se desenvolven en Galicia, noutras comunidades autónomas e nun total de 19 países do estranxeiro. Esta iniciativa está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

Os campos de traballo son actividades encamiñadas a fomentar a convivencia, a participación e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración voluntaria en distintos traballos. De feito, estes proxecto poden estar centrados en distintas temáticas. Os campos de traballo que se ofrecen este ano son: culturais e etnográficos; ambientais; de construción e restauración; sociais e arqueolóxicos.

As inscricións poderanse realizar na propia Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, ou no ben nos servizos de xuventude das xefaturas territoriais, tanto persoalmente ou por teléfono, de luns a venres. A oferta completa pode consultarse no apartado de “Acción de Verán” desta web.

No que se refire concretamente aos campos de traballo en Galicia, a Xunta oferta un total de 260 prazas en 11 campos distintos, o que supón aumentar en 40 as prazas dispoñibles con respecto ao ano anterior. Estas prazas van dirixidas a mozos e mozas galegos, doutras comunidades autónomas e, cando o campo de traballo é internacional, para a mocidade de países estranxeiros. Mentres existan vacantes, estas prazas en campos galegos poderanse solicitar ata tres días antes do inicio da actividade.

As actividades desenvolveranse entre os meses de xullo e agosto. Os 11 campos de traballo terán lugar, en distintas quendas, en: Cabana de Bergantiños (A Coruña); Rois (A Coruña); Narón (A Coruña); Palas de Rei (Lugo); Vilar de Barrio (Ourense); Ourense; e Illas Cíes (Pontevedra).

Por outra banda, os campos de traballo para outras comunidades autónomas poderanse solicitar, mentres haxa vacantes, ata o 18 de maio. Así, os interesados terán á súa disposición prazas en: A Rioxa, Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Ceuta, Estremadura, Madrid, Melilla, Navarra, País Vasco e Valencia.

Finalmente, para as prazas no estranxeiro, aquelas persoas que queiran participar terán que inscribirse antes do 12 de maio, ou ese mesmo día, sempre que haxa prazas libres. En total, ofértanse prazas en 19 países. En concreto, os países nos que se poderá optar praza son: Alemaña, Armenia, Austria, Corea do Sur, Estonia, Francia, Grecia, Islandia, Italia, Lituania, Marrocos, México, República Checa, Rusia, Serbia, Taiwan, Turquía, Ucraína e Xapón.

maís info en www.xuventude.net

martes, 26 de abril de 2011

Voluntarios para o campionato de Triatlón

Os vindeiros días 24, 25 e 26 de xuño de 2011 celebrarase en Pontevedra o "Campionato de Europa de triatlón" o evento deportivo internacional máis importante de Galicia neste ano.
Cerca de 2.000 deportistas virán dende todos os lugares de Europa para disputar os 1.500 metros de natación, 40 Qm. de ciclismo e 10 Qm. de carreira a pé, cunha organización que será soportada por 600 persoas voluntarias, 200 axentes, 100 persoas de organización, 50 oficiais deportivos,…

Haberá voluntariado para as tarefas de seguridade e voluntariado para as tarefas deportivas, polo que dentro dos 8 tipos de sectores de traballo voluntario diferentes seguro que algún haberá que poda axustarse ao teu interese.

máis información en www.voluntariadogalego.org

Obradoiro de orientación laboral para xóvenes

Obradoiro de orientación laboral para xóvenes

Obxectivos:

Dotar aos asistentes dos coñecementos necesarios

en materia de orientación laboral co fin de formalos nas

ferramentas necesarias para a búsqueda activa de emprego e

ofrecerlles un abano de ofertas formativas que faciliten a súa

inserción no mundo laboral.

Data: Venres 13 de Maio

Hora: 20-22h

Lugar: Centro Social de Boiro

Destinatarios: Xóvenes de 16 a 30 anos

Inscripcions: Centro Social de Boiro(981842635);

Data limite de inscripción: 6 de Maio

Contidos:

· Introducción sobre as técnicas de búsqueda de emprego

- Autoevaluación do candidato: análise DAFO

- Coñecemento do mercado laboral xuvenil: posibles nichos de emprego.

- Medios para atopar emprego.

- Programa EMPRENDE da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

· Ferramentas para a búsqueda de emprego

- Curriculum Vitae: modelos.

- Carta de presentación.

· A entrevista de traballo


Organiza: Dirección Xeral de Xuventude e Concelleria de Xuventude do Concello de Boiro.

Ao remate do obradoiro se expedirá certificado de asistencia


luns, 25 de abril de 2011

VI CERTAME MILLAROCK 2011

Certame musical nas categorías de POP ROCK, METAL e HIP-HOP
podes enviar a túa maqueta ata o 26 de Maio do 2011.
O gañador recibirá un premio en metálico de 1000€ .

mais informacion e bases do certame:
http://concellodeames.org/ ou nos teléfonos 981535940/981884991