mércores, 30 de novembro de 2011

AXUDAS AO TRANSPORTE DO CONCELLO DE BOIRO

O día 1 de decembro publícanse as BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS TÉCNICOS, MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS.

O prazo de solicitude das axudas é dende o día 1 de decembro do 2011 ata o 13 de xaneiro do 2012, ámbolos dous inclusive.

Os documentos deberán ser entregados en rexistro no concello acompañados da folla de solicitude que poderá recollerse en conserxería no Concello de Boiro, na Oficina de Información Xuvenil(Centro Social de Boiro, 1º andar) ou descargar dende a web www.boiro.org

martes, 29 de novembro de 2011

Toda a programacion para esta fin de semana


- Venres 2 decembro. 18h e 20h
Talia Teatro con "Carta urxente para Máximo Toxo"
Casa da Cultura Ramón Martínez López
teatro a partir de 5 anos
Programación organizada polo Concello de Boiro

Esta obra infantil trascurre arredor de dous protagonistas, Belinda e Máximo. Belinda é unha carteira que ha de asegurarse que a carta importantísima que ten para Máximo chega ao seu destinatario en persoa. A tarefa non é doada porque Máximo é un escritor huraño que sempre está metido na casa e non quere relacionarse con nadie.

-Venres 2 decembro. 23.45h
Os da Ría, presentando ChinChin polos da Ría
Pousada das ánimas. Boiro
Programación organizada polo establecemento privado

- Sábado 3 decembro. 18h
Documental Zeitgeist
Centro Social de Boiro.
Programación organizada polo Concello de Boiro

Este documental está escrito, dirixido e producido por Peter Joseph no ano 2007. Foi premiado con varios recoñecementos de carácter internacional; entre eles o Artivist Film Festival 2007.
O documental céntrase nas actuais institucións sociais dominantes, ao tempo que explora as estructuras de poder actuais.

- Sábado 3 decembro. 22.30h
Mago Miguelo
Curral do Marques. Taragoña.
Programación organizada polo establecemento privado

Programa do Carné Xove.

Unha chea de establecementos incorpóranse ao Programa do Carné Xove.

Desfruta de vantaxes en tendas de roupa, calzado, complementos, salóns de peiteado, ópticas, clínicas dentais, cafetarías….

Consulta na web www.xuventude.net os descontos da túa provincia e as oficinas onde podes facelo. Recorda que en Boiro xa podes facelo dende a OMIX(Centro Social de Boiro, 1º andar)




luns, 28 de novembro de 2011

II Edición de XOGUETES X MÚSICA


O venres 9 de decembro celebrase a II Edición de XOGUETES X MÚSICA!!!
Non faltedes e non vos esquezades de traer o voso xoguete... Xa sabedes, 1 xoguete = 1 entrada!!

venres, 25 de novembro de 2011

Esta fin de semana non te perdas...

En Boiro...

Proxección da película "El Bola"
venres 25 de novembro as 20.15h
Centro Social de Boiro
Actividade organizada polo Concello de Boiro(departamento de SS.SS e CIM)

Para celebrar o día internacional da violencia de xénero se proxectará este film e posteriormente iniciará unha mesa de debate.


Espectáculo "A Pata de Mono"
venres 25 de novembro as 24h
Pub ESE. Boiro
Actividade organizada polo establecemento privado

Espectáculo cómico a cargo de Paula Carballeira e Suso Cortegoso.

Nos arredores de Boiro...

Espectáculo "Padre Merino"
venres 25 de novembro as 23.30h
sábado 26 de novembro as 1.30h
Bar Curral do Marqués. Taragoña
Actividade organizada polo establecemento privado

Espectáculo mestura de distintas técnicas de actuación: monólogo-stand up, clown, bufón, maxia, música en directo... dirixido por Fran Rei (de Os 7 magníficos + 1).

Os Chiquilicuatres en concerto
venres 25 de novembro as 21.30h
Taberna do Riaso en Ribeira
Actividade organizada polo establecemento privado

Bolsas e axudas para a xuventude nun CLIC

Agora podes buscar e encontrar bolsas que se convocan ao longo do ano clasificadas por materias e por entidades convocantes na ventá de Ensino e Bolsas da páxina de xuventude www.xuventude.net

Curso básico de voluntariado de cooperación

A Coordinadora de ONGD para o Desenvolvemento organiza un curso básico de voluntariado de cooperación para o desenvolvemento, de 40 horas de duración, que se pode realizar en diferentes momentos do ano.

Más información:

CONGDE