martes, 31 de xaneiro de 2012

I CONCURSO INFANTIL E XUVENIL DE RELATOS “LETRAS NA BRÉTEMA”

Obxecto: promover a creación literaria e valorar as historias populares entre os máis mozos.

Beneficiarios: orientado á participación de estudantes de Primaria, Secundaria e Bachillerato, ata 17 anos.

Categorías:

  • 1ª categoría: ata 9 anos
  • 2ª categoría: de 10 a 13 anos
  • 3ª categoría: de 14 a 17 anos


Tema dos relatos será: mitos e lendas galegas.

Os contos, “reais ou ficticios”, deberán estar baseados en historias ou personaxes populares e traicionais e ambientados dentro da comarca do Barbanza.

O prazo de admisión de orixinais: comezará o día 1 de febreiro de 2012 e rematará o día 5 de marzo de 2012.

mais información en:

http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/01/31/i-concurso-infantil-e-xuvenil-de-relatos-letras-na-bretema/

Actualización de boletíns de emprego

Xa podes consultar os boletins de emprego actualizados no seguinte enlace atoparás a información:

http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/01/31/actualizacion-de-boletins-de-emprego/

bolsas Stevenson para estudos univesitarios en Escocia

Poden optar a estas bolsas todos os estudantes universitarios menores de 25 anos (excepcionalmente poden ter ata 35 anos) que estean matriculados ou que rematasen os seus estudos recentemente nalgunha universidade española e que desexen estudar en Escocia. As bolsas están abertas a calquera disciplina e permiten estudar nunha universidade escocesa de 3 a 9 meses.

A contía da bolsa será de entre £200 ata £4,000 podendo variar esta cantidade considerablemente a discreción do Comité Executivo. É requisito imprescindible posuír un bo coñecemento de inglés e que o solicitante establecese contacto previo con algunha universidade escocesa aínda que non fose formalmente aceptado aínda. Estas bolsas son axudas complementarias e os bolseiros seleccionados terán que custearse a viaxe e os gastos de estanza.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de febreiro de 2012.
Máis información en http://www.britishcouncil.org/spain/stevenson-scholarship

luns, 30 de xaneiro de 2012

Obradoiros para redactar proxectos de INICIATIVA XOVEN

Se estades pensando en presentar un proxecto para Iniciativa Xoven da Dirección Xeral de Xuventude ou queredes enterarvos un pouco mais das axudas ás que podedes optar sendo xoven, entre o 7 e o 17 de febreiro se organizarán xornadas, que terán unha duración aproximada de 2 horas e media, para aprender a redactar os proxectos a presentar e coñecer masi acerca de iniciativas de participación xuvenil.

As DATAS E LUGARES DOS FOROS son:

7 de febreiro: 12.00 hs Facultade de Ciencias Económicas de Santiago.

8 de febreiro: 18.00 hs Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa e 20.00 hs Espazo xove de Lalín.

10 de febreiro: 18.00 hs Albergue LugI ( Lugo) e 18.00 hs Residencia Xuvenil Universitaria " Florentino López Cuevillas ( Ourense).

11 de febreiro: 11.00 hs Albergue Xuvenil Gandarío ( Bergondo) e 11.00 hs Edificio Multiusos de Redondela ( Pontevedra).

13 de febreiro: 11.00 hs Facultade de Arquitectura da Coruña.

15 de febreiro: 11.00 hs Peritos de Ferrol.

16 de febreiro: 19.00 hs Espazo Xove de Viveiro.

17 de febreiro: 19.00 hs Espazo Xove de Curtis.

Poderedes solicitar, a partir do luns 30 de xaneiro, a través da web xuventude.net, o lugar ao que queredes asistir.

Axudas á danza e a música

O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música convoca axudas destinadas a asociacións, federacións e confederacións de ámbito estatal para o desenvolvemento de actividades de danza con proxección nacional ou internacional, asi como para a realización de actividades de lírica e música.
A actividade desenvolvida por estas entidades debe exceder o ámbito dunha Comunidade Autónoma.
Excepcionalmente, tamén poderán solicitar axuda aquelas de ámbito autonómico que teñan acordos con outras entidades análogas doutras Comunidades Autónomas, para levar a cabo os proxectos de danza e para a realización de actividades de lírica e música, que contribúan ao coñecemento e intercambio das manifestacións artísticas xeradas en distintos puntos do territorio español.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de febreiro de 2012.

Máis información en www.mcu.es (Artes Escénicas y Música /Becas, ayudas y subvenciones/convocatorias) e no BOE do 30 de xaneiro de 2012.

Novas de emprego

Licenciados en Quimica ou farmacia
A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal (8 meses) para licenciados en química/farmacia como colaborador nas tarefas do proxecto de investigación. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 6 de febreirod e 2012.
Máis información www.udc.es

Enxeñeiro de camiños
Convocadas 2 prazas temporais (9 meses e 3 meses), como colaborador/a nas tarefas do (proxecto/convenio) de investigación que se determina. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 8 de febreiro
de 2012. Máis información www.udc.es

chofer-mecánico
O Concello de Xinzo, convoca 1 praza de chofer-mecánico Oficial de 1ª persoal laboral fixo, polo sistema de oposición.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE. Máis información BOE do 28 de xaneiro de 2012.

Comerciais
Sector decoración.Contactos con estudos arquitectura_diseño.Teléfono: 689.177.665
Comerciais en Monforte.Selección para departamento comercial en monforte e comarca. Mínimo graduado escolar. Tfno: 690934677. El progreso.

Programador LAMP
Autónomo ou empresa.Optimización servidor e BBDD.Teléfono: 986.451.355

venres, 27 de xaneiro de 2012

PRAZAS DISPOÑIBLES ROTEIROS PARA A XUVENTUDE

Aberto o prazo para que os interesados e interesadas fagan a reserva para ROTEIROS, quedan prazas dispoñibles nas seguintes fins de semana

“Dende o ar”:
do 3 ao 5 de febreiro (7 prazas),
do 10 ao 12 de febreiro (3 prazas),
do 17 ao 19 de febreiro (1 praza),
do 24 ao 26 de febreiro (4 prazas),
do 2 ao 4 de marzo (1 praza), e do 23 ao 25 de marzo (1 praza)

“Dende o mar”:
do 3 ao 5 de febreiro (8 prazas),
do 10 ao 12 de febreiro (14 prazas),
do 2 ao 4 de marzo (6 prazas),
ábrese a oferta de prazas a calquera persoa interesada.

Para facer a reserva de praza nestas fins de semana podes chamar aos números de teléfono 981 545937 / 545822 / 545702 / 541689, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

Podedes consultar a información:
http://xuventude.xunta.es/201201276240/aviso-prazas-disponibles-roteiros-para-a-xuventude.html