xoves, 31 de maio de 2012

Bolsas para licenciados en Historia


20 BOLSAS DE ARQUIVOS


As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas coa organización e descrición ou con outros procesos que integran o tratamento técnico dos fondos documentais custodiados nos arquivos municipais de Galicia e outros arquivos de interese galego. Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos a que sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.

Escola de música de Boiro


Informamos que desde o vindeiro luns 4 de xuño ata o venres 29  
do mesmo mes estará aberto o prazo de preinscripción para o próximo
curso 2012-2013. 

Para calquera dúbida poñédevos en contacto no teléfono 655.700.104

Horario de secretaría: 
luns e mércores de 11:00 a 13:00 e os xoves de 19:00
a 20:00h.

Bolsas de formación no tribunal constitucional

O Tribunal Constitucional convoca 2 bolsas para formación teórico-práctica en tarefas relacionadas coa xestión documental e arquivística dos documentos do Tribunal Constitucional.

Requisitos dos beneficiarios.
Titulación: Licenciado/a universitario/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou equivalente.
Ter finalizado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007.

A dotación de cada bolsa será de 1.200 € brutos mensuais.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de xuño de 2012.

Máis información no BOE do 30 de maio de 2012 e en www.tribunalconstitucional.es

Axuda "Cheque infantil" para nenas/os entre 0 e 3 anos

A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, ás persoas solicitantes con nenas/os entre 0 e 3 anos a cargo, por un período máximo de 11 meses.

Poderán ser beneficiarias da axuda a través do programa Cheque infantil:
a) Solicitantes de prazas, nas modalidades de atención educativa e atención educativa con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultaran adxudicatarias/os dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Consideraranse solicitantes sempre que exercesen a opción polo programa Cheque infantil na solicitude da praza.
b) Solicitantes residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e desexen obter a axuda para unha praza nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, nalgún centro privado existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen as/os nais/pais ou titores legais.

Requisitos:a) Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2009.
b) Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supere o custo da praza.

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 29 de xuño de 2012.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS403A

Máis información no DOG do 30 de maio de 2012 e en http://escolasinfantis.net

6 BOLSAS PATRIMONIO MOBLE GALEGO

Para titulados en Historia, Arte, Escultura, Arqueoloxía. Facédelle difusión que queda só un mes de prazo ata o 22 de xuño

Bolsas de formación da Escola Galega de Administración Pública



Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012 pola que se convoca unha bolsa de formación
 na área de documentación e biblioteconomía.



RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012 pola que se convoca unha bolsa de formación
 en competencias técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación.

mércores, 30 de maio de 2012

Vacacións solidarias

Numerosas ONGD ofrecen distintas opcións de viaxes solidarios baixo fórmulas diferentes: vacacións solidarias, viaxes responsables, estancias solidarias, voluntariado en terreo de larga o curta duracion...

Mais información neste enlace:

http://www.obrasocialncg.com/socialia/noticias_ficha/viajes_solidarios_verano_2012_apuntate_ya