xoves, 3 de xaneiro de 2013

Prazas libres en novas tecnoloxías



Ainda quedan prazas libres no curso de iniciación ás novas tecnoloxías(inicio a informática, inicio a internet e correo electrónico) que se realizará dende o 8 ao 31 de xaneiro en horario de 11 a 13h no Centro Social de Boiro. A inscrición é gratuíta e débela facer no Centro Social no 1º andar.

Bolsas na industria alimentaria

O Ministerio de Agricultura convoca 23 bolsas de formación práctica na área da industria alimentaria, para titulados universitarios.

Requisitos:Ter nacido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1979.
Estar en posesión ou en condicións de obter o título de graduado, diplomado, licenciado, enxeñeiro técnico ou superior, doutor, ou titulaciones equivalentes nas materias e especialidades relacionadas coas becas que se convocan no momento da concesión da beca.
Coñecementos de inglés.


A cuantía destas becas por beneficiario será de 1.150 € mensuais

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de xaneiro de 2013.

Máis información ou no BOE do 29 de decembro de 2012.

Programa para estudiar en Xapón

 
 Co programa VULCANUS poderás cursar
 
1/ un seminario dunha semana en Xapón,
2/ un curso intensivo de xaponés de 4 meses,
3/ unhas prácticas nunha empresa xaponesa durante 8 meses.


O prazo para solicitalo é ata o 20 de xaneiro e podes consultar toda a información neste enlace

Ultima oportunidade para ver O Apóstolo en Boiro


Este venres 4 de xaneiro ás 21:00h proxéctase O Apostolo na Casa da Cultura de Boiro

mércores, 2 de xaneiro de 2013

Programación fin de semana en Boiro

Ainda a boa música e a festa non rematou este fin de semana na Pousada das Ánimas nos ofrece bos concertos









Venres 4 de Xaneiro The Soul Jacket  

Escoitaos

e sábado de Feeling Band en concerto, os dous a partir das 23:45h na Pousada.

Formación

Bolsa no Museo do Prado para licenciad@s ou graduad@s en Ciencias Químicas ou Enxeñería Química
Mais información

Se ainda non tedes o curso de monitor de tempo libre en Santiago organizan un do 14 de xaneiro ao 12 de marzo.
Infórmate

Formación online gratuíta organizada pola Dirección Xeral de Industria e da PEME (DGIPYME)
Saber máis

Xa estamos de volta con mais cousas

Para os mais cativos tedes iniciativas gratuítas moi interesantes aproveitando que están de vacacións e seguro que lle encantan:

Carpa con xogos na praza do Concello de Boiro

Mércores 2 de xaneiro de 16 a 21h
Xoves e venres de 11 a 14h e de 16 a 21h

Como Funciona? comprando nos establecementos locais te entregarán unha entrada para que os cativos poidan entrar na carpa e estar o tempo que queiran, ademais participas nun sorteo dunha viaxe a Eurodisney


Ludi-Educa. Os sábados de 16:30h a 18:30h a cruz vermella organiza no Centro Social de Boiro unha ludoteca para rapaces de 6 a 10 anos.