xoves, 25 de abril de 2013

Para celebrar a primaveira



4 de maio... planazo!!

Campaña Libro por Libro

Hoxe durante todo o día, a Fundación Granell(praza do Toural-Santiago), levará a cabo unha campaña de intercambio de libros. Para participar soamente tes que levar un exemplar e trocalo por algún dos libros de arte e cutltura que a Fundación ofrece.

Bolsa de documentación e biblioteconomía na EGAP

A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación na área de documentación e biblioteconomía mediante colaboración titoriada na xestión de fondos documentais e bibliográficos da Escola.
As actividades de formación iniciaranse o 1 de xuño de 2013 e rematarán o 31 de decembro de 2013.
O importe da bolsa será de 1.200 € brutos mensuais.
Requisitos: Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e ter acreditada algunha das seguintes titulacións universitarias: diplomatura en biblioteconomía e documentación, ou licenciatura en biblioteconomía ou documentación.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de maio de 2013.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770C.
Máis información no DOG do 25 de abril de 2013 e en http://egap.xunta.es/

Prazas de profesores de español en centros educativos no estranxeiro

O Ministerio de Educación convoca 136 prazas de profesores en seccións bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía, Rusia e Turquía para o curso 2013-2014.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de maio de 2013.
Máis información no BOE do 24 de abril de 2013 e en www.educacion.es/educacion/actividad-internacional.html

mércores, 24 de abril de 2013

Algo cultural para a fin de semana

Xoves 25 de abril

            Proxección do filme "Acción Mutante"
Bar Capri(Ribeira) 

Xoves Literarios: "Educación literaria, saberes e enciclopedia do mediador "
Blanca Ana Roig Rechou
ás 20 horas Biblioteca Municipal(Ribeira)


Venres 26 de abril

           Baobad teatro "Bad"
           20h Casa da Cultura de Boiro

          Proxección do filme “De tu ventana a la mía”, dirixida por Paula Ortiz.
          ás 21 horas Auditorio Municipal(Ribeira)

         Concerto de Moonjacket
         Bar A Rúa(Catoira)


Sábado 27 de abril
  
Taller de afinación de Gaita
a partir das 10h no Centro Social de Boiro

Obradoiro de creación poética con Esther Carrodaguas
Poetizando(de minimis)
de 10 a 14h no Auditorio de Rianxo 

Carreira do Corgo
           ás 17.30 horas no Lugar de Teira(Corrubedo)
Durante toda a fin de semana

Festas de San Marcos de Noia

E en maio tamen..FORMACION!

 Todavía quedan algunhas prazas libres nos seguintes cursos que se impartirán no Centro Social de Boiro no mes de maio.


Bailoterapia
xoves de 11h a 12h
Prezo 15 euros ao mes


Curso de monitor de tempo libre
do 3 de maio ao 3 de agosto
venres de 16h a 21h e sabados de 9 a 14h e de 16h a 21h
Prezo 250 euros(pago fraccionado). Homologados pola Xunta de Galicia.

Curso bixutería creativa e enfiado de swaroski
8-15-22-29 de maio e 5 de xuño de 20h a 22h
Prezo 60 euros(materiais incluídos)

Cursos de Repostería Creativa

Iniciación á técnica do fondant
11 de maio de 16h a 20h
Prezo 30 euros(materiais incluídos)

Creación de cupcakes

18 de maio de 16h a 20h
Prezo 30 euros(materiais incluídos)

Repostería educativa. Cociñando cos cativos
25 de maio de 16h a 20h
Prezo 30 euros(materiais incluídos)

Inscríbete no Centro Social de Boiro ou a través do mail omix@boiro.org

Traballo temporal no estranxeiro

Oferta de traballo para inxenieros industriais en Alemania
Info

Oferta de traballo paraa cadena de establecementos Sainsbury’s
Infórmate  AQUÍ
 

EUROCITIES, ofrece un periodo de prácticas de 6 meses en Bruselas na área de Asuntos Sociais
Interesados enviar  CV e carta de motivación a: jobs@eurocities.eu. Data límite:26 de abril de 2013