venres, 16 de agosto de 2013

algo de programación

Na oficina nos vamos a tomar un breve descanso ata o 10 de setembro, a diario seguiremos actualizando a  o noso facebook.  Pero antes de marchar vos deixamos algunhas das actividades culturais que podedes disfrutar a partir de esta semana...

Festas de san Bartolomé(Noia) do 23 ao 26 de agosto
Exaltación do mexillón de Cabo de Cruz(23,24 e 25 agosto)
Festival de música tradicional(Rianxo) 24 de agosto
Festas de Isorna(Rianxo) do 23 ao 25 de agosto

e en Santiago para os maís pequeno tedes cidade imaxinaria(festival de circo, maxia e xogos) o 24 de agosto.

Ata a volta!

mércores, 14 de agosto de 2013

Formación en novas tecnoloxías no mes de setembro

A partir do 15 de agosto podedes anotarvos nos cursos de:

Inicio a mecanografía( do 3 ao 12 de setembro de 10 a 11h)
Retoque fotográfico con gimp(10,11,12,13 de setembro de 11.30h a 13.30h)
Trámites electrónicos(25 e 26 de setembro de 11h a 13h)

martes, 13 de agosto de 2013

Programación cultural a partir de mércores

Mércores 14 de agosto
00.00h Concerto de Kaya Kayana
Pousada das ánimas(Boiro)

Xoves 15 de agosto
00.00h Concerto de Alvaro Muras
Pousada das ánimas(Boiro)

Volta cicloturística
Concello de Ribeira

Feira mariñeira
Concello de Ribeira

Venres 16 de agosto
20.30h Exposición fotografía Fumi Nakamura
Centro Social de Boiro

00.00h Festa da Salsa
Pousada das ánimas(Boiro)

Festas de Cespón
(Boiro)

Feira mariñeira
Concello de Ribeira


Sábado 17 de agosto
13.30h Concerto de Miguel Ángel
 Taberna Triskel (Ribeir)

19.00h Festival Folclórico
Peirao de Cabo de Cruz(Boiro)

22.00h Concerto río de Anxo
Praza de Rafael Dieste(Rianxo)

Festas de Comoxo
(Boiro)

Feira mariñeira
Concello de Ribeira

Domingo 18 de agosto
21.00h Concerto da Banda de Música de Caldas
Campo de Arriba(Rianxo)

21.00h Quico Cadaval+Helena de Alfonso
Pousada das ánimas(Boiro)

Feira mariñeira
Concello de Ribeira


pero tamén:
Festival V Valarés(Ponteceso)
Festival arteficial(Ribadavia)

luns, 12 de agosto de 2013

Este venres no Centro Social

nos visita para inaugurar a súa exposición a fotógrafa japonesa FUMI NAKAMURA que na actualidade traballa como fotógrafa freelance en Nueva York.


Hoxe é o día internacional da xuventude


Convocatoria de proceso de selección de persoal para información turística

O Concello de Rianxo publicou o anuncio para a contratación laboral temporal de 1 informador/a tutístico/a.
As bases e as instancias para participar nesta lista poden recollerse no mostrador de información do Concello. Na parte traseira da dita instancia indícase a regulación mínima a ter en conta.
O prazo para presentar as solicitudes no Rexistro xeral do Concello remata as 13:00 h do martes día 13 de agosto. No suposto de presentarse a instancia fóra do rexistro xeral do Concello, sexa nalgún rexistro autorizado da Xunta de Galicia ou nalgunha oficina de correos, será necesario que o xustificante do rexistro sexa adiantado por fax ao núm. 981.843.629, antes do remate do prazo, para que sexan tidas en conta.
Información