venres, 30 de outubro de 2015

Interesante! Coaching e Creatividade


Xornada de coaching e creatividade
 “Conecta coa túa creatividade, descubre o teu poder interior” 


Data: 31 de outubro
Lugar: Cidade da cultura(Santiago de Compostela)
Horario: de 10h a 20h

De maneira lúdica e creativa emprégase a arte como ferramenta de crecemento persoal á vez que se fomenta a toma de conciencia, a unión cos demais e a co-creación. Os asistentes adquiren ferramentas que poden aplicar á súa día a día, adquirindo compromisos de mellora e un plan de acción individual.


Concentración en Boiro do colectivo Mulleres en Acción


mércores, 28 de outubro de 2015

Obradoiro de repostería sen glúten en Boiro



O 3 e 4 de novembro poderás aprender a realizar postres sen glúten con Máis que tartas en Boiro.
Inscricións a través do Centro Social ou no tlf 981842635

Aínda quedan prazas libres

xoves, 22 de outubro de 2015

Venres de TEATRO

Este venres teremos na Casa da Cultura unha obra de teatro para non perder da compañía Talia Teatro

Teatro: Rosa caramelo e outras historias
Venres 23 de outubro ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Boiro

























e a partir da semana que ven, comeza o ciclo de teatro do Concello de Ribeira

Este sábado DÍA DA BICI en Boiro


mércores, 21 de outubro de 2015

Formación creativa que nos ofrece "La doce"

Este mes no espazo que recén inaugurou María Magán "la doce" nos ofrecen dous obradoiros moi interesantes


martes, 20 de outubro de 2015

Seminarios informativos programa La IDA

A Fundación Paideia informa que os próximos Seminarios informativos sobre os proxectos de Xuventude e Mobilidade que desenvolve a Fundación Paideia Galiza (La IdA & Servicio de voluntariado europeo), a celebrar na súa sede de Padrón (A Coruña),realizaráse o martes 27 de outubro de 16:30h a 17:30h. Estos Seminarios, de carácter bimensual, están dirixidos a informar en profundidade a xóvenes sobre obxetivos, características e requisitos de participación dos proxectos.



os/as interesados/as en participar poden inscribirse a través do formulario existente na web: http://www.paideia.es/voluntariado-europeo/#formulario.