martes, 28 de xuño de 2016

Voluntariado europeo

Praza vacante para ‪#‎EVS‬ ‪#‎SVE‬, SERVIZO VOLUNTARIADO EUROPEO: Dende Amigos da Terra estamos buscando a dous voluntarios/as para un proxecto medioambiental en un centro ecolóxico en Eslovaquia, de Xulio a Setembro, durante 3 meses. Aqui tedes a descrición do proxecto: Para mas información contactar en sve@amigosdaterra.net

xoves, 16 de xuño de 2016

Campamento urbano de verán 2016

Xa podedes inscribirvos no campamento de verán do Concello de Boiro para rapaces de 4 a 12 anos neste enlace e recordade que para 12 ata 14 anos no Centro Social de Boiro temos un campamento tecnolóxico no mes de xullo.

xoves, 2 de xuño de 2016

Exposición etnográfica en Boiro

Mar de Boiro, exposición etnográfica mariñeira, transmítenos a influencia que a pesca e o marisqueo teñen no noso pobo. Hoxe en día, a pesca mantén unha actividade de importancia, con nove agrupacións de pescadores e mariscadores activas e dúas conserveiras que proporcionan un importante número de postos de traballo.
Marisqueo de bivalvos, marisqueo de crustáceos e cefalópodos, pesca de baixura, mexillón e a gamela son os espazos expositivos da mostra na que atoparás antigas artes de pesca usadas tradicionalmente polos pescadores.  

HORARIO:
Do 15/05/16 ao 15/09/16
De martes a domingo
De 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:30
Do  16/09/16 al 30/10/16
De 17:00 a 20:00

Porto comercial, nave 19. 15939 Cabo de Cruz . Boiro (A Coruña) Telf. 981842654