xoves, 30 de setembro de 2010

CURSO BÁSICO DE INFORMACION XUVENIL

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca un curso de formación básica en información xuvenil. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de outubro e as sesións presenciais terán lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia.

Curso de formación básica en información xuvenil

1.- Convocanse dúas edicións do Curso de formación básica en información xuvenil

2º.-Obxectivos.

Proporcionar aos participantes unha formación a nivel teórico-práctico sobre a información xuvenil e introducirlos nas áreas relevantes, competencias e habilidades necesarias neste campo.

3º.-Persoal a que vai dirixido.

Informadores xuvenís da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil estudiantes ou titulados en TASOC e mozos e mozas menores de 30 anos que participen no ámbito do asociacionismo xuvenil.

4º.-Criterios de selección.

Terán prioridade os informadores xuvenís da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil que traballen nun PIX, en segundo lugar os que traballen nas OMIX e por antigüidade. No caso de non pertencer á Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, a prioridade virá determinada pola orde de inscrición.

5º.-Desenvolvemento do curso.
O curso terá carácter semipresencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade as sesións presenciais do curso. Toda ausencia por enfermidade deberá ser xustificada debidamente polo interesado.
1. Duración: 60 horas.
Número de edicións: 2
2. Lugar e datas:

As sesións presenciais terán lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, en Santiago de Compostela, os dias 28 de outubro e 17 de decembro de 2010.

3. Nº de prazas: 20 por edición

6º.-Contidos.

Os contidos son os publicados no D.O.G. Nº 64 do Mércores, 7 de abril de 2010, nas páxinas 5.153 e 5.154.

7º.-Solicitudes.

O prazo de presentación rematará o 15 de outubro.
As solicitudes de admisión ao curso dirixiranse ao Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.

O modelo de solicitude descargase do portal www.xuventude.net, curso de formación básica en información xuvenil.

8º.-Certificacións de asistencia.
1. Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, realizaranse probas obxectivas a distancia ao longo do curso, e ao remate poderá levarase a cabo unha proba avaliativa presencial nas instalacións do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia ou onde se indique no seu momento.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais dos cursos así como ás xornadas, encontros ou congresos que organice a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con temática relacionada coa xuventude durante a duración do curso.

3. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas presenciais, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de todos os dereitos. O alumno/a que se atope nesta situación realizará un traballo relacionado coa temática do curso.

9º.-Modificacións.

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá suspender o curso se non houbese un mínimo de alumnos, así como modificar o desenvolvemento, horarios, datas e os contidos do curso anunciado co fin de adaptalo ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

10º Asistencia.

A asistencia a este curso será gratuíta para as alumnas e alumnos seleccionados.
Máis información no teléfono: 981 58 39 00

Ningún comentario:

Publicar un comentario