mércores, 3 de novembro de 2010

Bolsa da Cámara de Santiago Para Prácticas De Comercio Exterior en Italia

Ofertas de Emprego Privado (CIMO)

No marco das súas actividades de Promoción de Comercio Exterior, e dentro do Plan FOEXGA- 2.011 na que tamén actúa como patrocinador a Consellería de Economía e Industria, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convoca concurso co obxecto de adxudicar unha bolsa para a realización de prácticas de promoción de turismo internacional en Italia (Milán).


Requisitos

Os candidatos deberán, reunir as seguintes condicións:

- Nacionalidade española

- Idade non superior aos 30 anos no momento de presentación da solicitude.

- Licenciado ou diplomado en turismo ou calquera Titulación universitaria superior: neste último caso os títulos deberán estar homologados a un Título Universitario Superior polo Ministerio de Educación ou deben permitir acceso a Terceiro Ciclo (Doutorado).

- Non padecer enfermidade ou impedimento físico que imposibilite o cumprimento das obrigas como bolseiro.

- Non ter gozado de bolsa ou bolsas de similares características cun período superior a 3 meses en total.


A duración da bolsas e a súa situación será:

1) Milán - Oficina española de turismo - 11 MESES: XANEIRO - NOVEMBRO 2.011 Durante estes meses o bolseiro deberá residir no país ao que haxa sido destinado, salvo que reciba instrucións distintas por parte da entidade convocante. Polo demais, se esta o estimase oportuno o bolseiro

poderá permanecer, inicialmente, o tempo necesario na Cámara de Comercio de Santiago, dedicándose a actividades de formación previa O bolseiro realizará durante o período de vixencia da bolsa aquelas actividades relacionadas coa promoción do turismo internacional que lle indique a entidade convocante.


Prazo de presentación de solicitudes: 19 de Novembro de 2.010.


Información

Camara De Comercio De Santiago De Compostela

At/Dpto. de Comercio Exterior

Ref: Beca Turismo Italia

s. Pedro de Mezonzo 44 baixo

15701 Santiago. A Coruña

Telf: 981596800 Fax: 981590322

http://www.camaracompostela.com/Default.asp?m=11&p=112

Ningún comentario:

Publicar un comentario