mércores, 3 de novembro de 2010

Bolsas de formación práctica en empresas da Fundación Empresa Universidad Gallega

Ofertas de Emprego Privado (CIMO)

FEUGA transfire coñecemento científico-tecnolóxico dende o Sistema Universitario Galego (SUG) cara á empresa e a sociedade, mediante a I+D+i, os estudantes e titulados universitarios e a divulgación científica, en beneficio do desenvolvemento socioeconómico. Fomenta a cultura emprendedora e a innovación tecnolóxica en proveito común con persoas proactivas, comprometidas, competentes e hábiles para comunicar ambos os dous mundos. Feuga convoca bolsas para Titulados Universitarios.


Requisitos a cumprir polos solicitantes de bolsas

Para poder optar a unha bolsa do Programa de Bolsas de Formación PBF de FEUGA será necesario que o solicitante cumpra as condicións que a continuación se detallan:

1. Estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia e facer constar nos seus datos que desexa optar a unha bolsa de formación de FEUGA.

2. Ser diplomado, licenciado ou doutorado universitario. No caso das titulacións nas que para a obtención do título sexa necesaria a presentación do proxecto fin de carreira, será suficiente ter aprobadas todas as materias desta.

3. Ter cursado estudos nunha das tres Universidades da nosa Comunidade Autónoma. Se o título pertencese a outras Universidades, poderase acceder ao programa de bolsas de formación se está doutorado ou matriculado nun Curso de Doutorado dunha das tres Universidades da Comunidade Autónoma. Poderán acceder ao programa de bolsas, os fillos de emigrantes galegos retornados, independentemente de onde obtivesen a súa titulación, se esta foi validada. Tamén poderán acceder ao programa de bolsas os titulados doutras Universidades españolas, se a titulación solicitada non se impartise nas tres Universidades da Comunidade Autónoma.

4. Non ter máis de 30 anos.

5. Ter finalizado os estudos nos tres últimos anos.

6. Non ter gozado doutra bolsa de FEUGA por un período de 6 ou máis meses.

7. No caso de ter gozado doutra bolsa de FEUGA por un período inferior a 6 meses, deberá ter cumplimentar o cuestionario de avaliación correspondente á bolsa gozada. O período máximo computado do total das bolsas non poderá exceder de 12 meses.

8. Non ter desempeñado en ningún momento traballo profesional remunerado relacionado coa súa titulación, baixo ningunha modalidade de contratación (os candidatos do programa de bolsas achegarán o correspondente Certificado de Vida Laboral).

9. A bolsa é incompatible con calquera outro tipo de ingresos.

10. Non ter relación de parentesco dentro do primeiro grao de consanguinidade (pais - fillos) con ningún membro da propiedade e/ou dirección da empresa na que realizarán as prácticas profesionais. 11. Cumprir os requisitos establecidos pola empresa ofertante da bolsa (idiomas, coñecementos de informática...) complementarios da súa formación. As condicións para a empresa A compañía debe de ofrecer garantías de que conta con instalacións e medios para desenvolver a formación do titulado dentro do horario laboral da empresa, confeccionar un plan de formación personalizado e designar unha persoa que exerza de titor para facilitar a integración do bolseiro, asesoralo e realizar un seguimento continuo da súa actividade. A selección FEUGA traslada a oferta ao Servizo Público de Emprego, no que previamente se inscribiron aqueles licenciados interesados en acceder ao mercado laboral. O Servizo Público de Emprego realiza unha preselección segundo o perfil profesional que demanda a empresa, contacta cos candidatos para preguntalos se desecan entrar no proceso e que se envíe copia do seu currículo vitae a FEUGA, que elixe entre as candidaturas presentadas as máis idóneas para propoñelas á compañía.

Prazo: o prazo está aberto todo o ano.

Información: www.feuga.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario