martes, 11 de xaneiro de 2011

Bolsas de Promoción exterior

O Igape convoca 16 bolsas de promoción exterior que teñen como obxectivo fundamental o de formar especialistas en comercio e investimento internacional e colaborar na internacionalización do tecido empresarial galego. O prazo de presentación de solicitudes polos novos titulados interesados remata o próximo 3 de febreiro.

O obxecto destas axudas diríxese a formar a especialistas no ámbito internacional á vez que realizan prácticas encamiñadas á captación de investimentos e expansión exterior da empresa galega; as prácticas estarán referidas á detección de potenciais investidores estranxeiros cara a Galicia, busca de oportunidades de negocio e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.

As bolsas estarán dotadas cunha cantidade base anual de 19.460 euros que poderá ascender ata 34.000 euros dependendo do país e cidade de destino.

Os bolseiros escollidos no marco desta convocatoria xa publicada no DOG (3 de xaneiro) realizarán, entre outras, prácticas referidas á busca de oportunidades de negocio para as empresas galegas ou á captación de investimentos cara á Galicia. As bolsas terán unha duración máxima de doce meses que poderá ser prorrogada polo Igape por un máximo doutro ano adicional.

Máis información: DOG (3 de xaneiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario