xoves, 22 de setembro de 2011

Xornadas para emprendedores xuvenis

Os vindeiros días 4 e 5 de novembro terán lugar en Santiago, unhas xornadas para emprendedores xuvenis, baixo o título “Aprender a emprender: o reto da empregabilidade”

Entre os obxectivos das xornadas están, entre outros, ofrecer un punto de encontro e diálogo entre a xuventude e expertos emprendedores, contribuír a que os mozos con ideas empresariais desenvolvan o seu potencial empresarial, ofrecendo información e apoio técnico aos xóvenes con ideas emprendedoras.

As xornadas están destinadas a estudantes de formación profesional de último curso, estudantes universitarios, técnicos ou responsables locais de xuventude, mozos interesados na creación de empresas, participantes no programa da Xunta Iniciativa Xove, participantes no proxecto europeo Juventud en Acción, e líderes de asociacións xuvenís.

A inscrición será vía telemática, sendo o prazo de inscrición do 1 ao 15 de outubro e a admisión será por orde riguroso de inscrición.

O formulario de inscrición estará a disposición dos interesados nos próximos días nesta páxina, no apartado de Programas da Unión Europea.

MAIS INFO www.xuventude.net

Ningún comentario:

Publicar un comentario