xoves, 13 de outubro de 2011

Formación

Curso de Formación Básica en Voluntariado USC
O curso impartirase no Campus de Santiago e no Campus de Lugo.
En Santiago, o curso celebrarase na Aula Magna da Facultade de Matemáticas nas seguintes datas: 8, 14, 15, 21 e 22 de outubro.
E no Campus de Lugo o curso celebrarase os días: 14, 15, 21, 22 de outubro e 5 de novembro en Lugo, na Facultade de Humanidades.
Podes consultar o programa do curso e obter máis información na páxina: http://www.usc.es.

Curso de Iniciación á Micoloxía
A asociación Alvarella organiza o 22 e 23 de outubro de 2011 un curso de iniciación á Micoloxía.
A finalidade deste curso é espertar a curiosidade sobre a vida dos fungos que, como a maioría dos elementos que conforman a Natureza, seguen a ser grandes descoñecidas.
O curso relizarase durante unha fin de semana, comenzando o sábado pola mañá ata o domingo pola tarde. As persoas que o desexen poderían cear e pernoctar en Alvarella a noite do venres.
Prezo: 50 €.
O prezo inclúe a asistencia ás dúas xornadas do curso coa documentación e material correspondentes, así como o aloxamento e pensión completa.
Máis información: teléfonos: 648 925 134 - 981 784 563 - www.alvarella.com

Curso de reciclaxe de papel
A asociación Alvarella organiza o 17 e 18 de decembro de 2011 un curso de Reciclaxe de papel.
A finalidade deste curso é o coñecemento e reflexión sobre os grandes beneficios que nos pode aportar unha correcta xestión dos residuos que producimos nos aspectos sociais, ambientais, económicos,…
Prezo: 50 €.
Máis información: teléfonos: 648 925 134 - 981 784 563 - www.alvarella.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario