martes, 8 de novembro de 2011

Bolsas e axudas

BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN
O Ministerio de Educación convoca 148 bolsas de formación e investigación en réxime de concorrencia competitiva, das cales:
20 serán de formación en observación e deseño de cualificaciones profesionais,
9 en documentación e lexislación educativa,
26 en investigación e innovación educativa,
60 en tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación,
14 en área de documentación, biblioteca e arquivo
19 en avaliación e estatísticas educativas.

As bolsas de formación terán unha duración de ata doce meses.
A dotación íntegra anual máxima de cada bolsa de formación será de 12.324 € e distribuirase en docemeses por importe de 1.027 € por cada mes de duración.

Requisitos:
Estar en posesión da titulación requirida para cada tipo de bolsa (consultar BOE) e tela obtido con posterioridade ao 1 de xaneiro do
2008.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de novembro de 2011.

Máis información no BOE do 4 de novembro de 2011 e en www.educacion.es.

BOLSAS DE COMERCIO EXTERIOR
A Dirección Xeral de Comercio Interior convoca catro bolsas de colaboración para titulados superiores de calquera grao ou carreira universitaria.
Os bolseiros colaborarán no estudo, entre outros, do ámbito comercial, a análise da pequena e mediana empresa comercial, o sector da distribución e as estruturas comerciais, os procesos de formación de prezos, a proxección exterior da distribución comercial española e a análise comparada dos aspectos comerciais, fundamentalmente con países da UE.

Requisitos:
a) Nacionalidade española.
b) Idade non superior a 28 anos na data da convocatoria.
c) Estar en posesión de calquera titulación universitaria superior, tal como Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou equivalente.
Cada bolsa estará dotada con 10.375 €

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de decembro de 2011.

Máis información no BOE do 4 de novembro de 2011 e en www.mityc.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario