luns, 7 de novembro de 2011


Nome do espectáculo:
“CONTOS COAS MANS ABERTAS”
Nome da compañía: A TROPA DE TRAPO
Unha representación escénica,
na modalidade decontos con música
en directo, dirixida a adultos
e adolescentes, a partires do 16 anos.
O espectáculo denominado “CONTOS COAS
MANS ABERTAS” recopila historias reais,
humanas, sinceras, cheas de esperanza,
humor e amor.
Mulleres dunha aldea galega que aprenden
a andar en bicicleta, cooperantes,
guerrilleiros, vacas, inmigrantes
do Magreb e unha tribu de bosquimanos…
todo misturado cun ritmo entretido,
cercano e emocionante.

Data: xoves día 10 de novembro
Hora: 20h Lugar: Casa da Cultura
“Ramón Martínez Lopez” (salón de actos).

Ningún comentario:

Publicar un comentario