luns, 12 de decembro de 2011

Bolsas de Introdución á Investigación no CSIC

A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, convoca 100 bolsas destinadas a alumnos matriculados nos cursos intermedios de carreira, en Facultades e Escolas Técnicas Superiores Universitarias. As bolsas convócanse no marco do Programa «Xunta para a Ampliación de Estudos»

Requisitos:
Ter aprobados máis do 40% e menos do 70% dos créditos correspondentes á súa titulación.
Estar matriculado durante o curso 2011-2012 nunha Facultade ou Escola Técnica Superior Universitaria en materias que somen un número total de créditos igual ou superior a 50.
Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Licenciado, Enxeñeiro Superior ou Arquitecto.
Ter obtido unha nota media igual ou superior a 1,50 para alumnos de Escolas Técnicas Superiores e a 2 para alumnos do resto de ensinanzas.
A contía total das bolsas será de 1.500 € cando a distancia entre a súa localidade de residencia e a localidade de situación do Centro onde vaia cumprir o seu plan de traballo, sexa inferior a 60 km e de 2.000 € para distancias iguais ou superiores

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de xaneiro de 2012. As solicitudes están dispoñibles en https://sede.csic.gob.es

Máis información no BOE do 10 de decembro de 2011 e en www.csic.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario