mércores, 7 de decembro de 2011

Bolsas e emprego

Investigadores con grao de doutor para o CSIC

O Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca concurso para a incorporación de investigadores
con grao de doutor, mediante contrato en prácticas.
A convocatoria ten por obxecto a formalización de 97 contratos laborais.
A dotación destes contratos será de 27.540,24 € brutos anuais.

Requisitos:
Estar en posesión do título de Doutor.
Non ter transcorrido máis de dez anos dende a data de obtención do doutorado (data de lectura e aprobación
da Tese doutoral).
Os solicitantes deberán cumprir polo menos unha das condicións seguintes:
1. Ter realizado a tese doutoral ou un período continuo de, polo menos, 18 meses de investigación postdoutoral nun centro ou instituto
do CSIC distinto daquel onde se asigna o contrato.
2. Ter realizado a tese doutoral ou un período continuo de, polo menos, 18 meses de investigación postdoutoral en calquera entidade
investigadora distinta do CSIC.

O prazo para presentar solicitud estará aberto ata o 16 de xaneiro de 2011.

Máis información no BOE do 1 de decembro de 2011 e en www.csic.es

Bolsas da Deputación de Lugo
1 bolsa formativa para colaborar no programa formativo de Cultura e Xornalismo para o ano 2011–
2012: O bolseiro/a realizarán a súa actividade na Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización
Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo.

Requisitos:
Ser licenciado/a en Xornalismo.
Ser licenciado /a en Comunicación Audiovisual
Ser licenciado/a en Publicidade e Relacións Públicas.
3 bolsas formativas para colaborar nos programas formativos da Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico:

- 1 bolsa formativa en materia de Xestión Cultural.
Requisitos:
Ser licenciado/a en Humanidades.
Ser Diplomado/a en Xeografía e Historia
Ser Diplomado/a en Maxisterio, en calquera das súas especialidades.
Valorarase a experiencia laboral e mailos coñecementos en Xestión Cultural.
Coñecementos en lingua galega
- 1 bolsa de formación en materia de Teatro Cultural.

Requisitos:
Ser licenciado/a en Humanidades, Filoloxía, en calquera das súas especialidades: Antropoloxía Cultural ou Arte Dramático..
Ser Diplomado/a en Maxisterio, especialidades de Primaria, Música ou Historia.
Valorarase o curriculum teatral, a súa cointinuidade formativa, a continuidade na producción de espectáculos e mailo coñecemento
das dinámicas do mundo teatral.
Valorarase a experiencia teatral, a experiencia na dirección de agrupacións teatrais non profesionais, a experiencia na asistencia
e producción de eventos teatrais, e maila experiencia na xestión de fondos teatrais.
Coñecementos en lingua galega

- 1 bolsa de formación en materia de Xestión Cultural, Normalización Lingüística e Comunicación Audiovisual.

Requisitos:
Ser licenciado/a en Filoloxía Galega.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de decembro de 2011.

Máis información no BOP de Lugo do 3 de decembro de 2011 e na Deputación de Lugo, teléfono: 982 260 000

Prazas de mestres de español
O Ministerio de Educación, convoca 165 prazas para mestres visitantes en centros escolares dos EEUU e 10 en Canada para ensinanza de español, en centros de primaria e secundaria. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE.

Máis información BOE do 30 de novembro de 2011.

Ningún comentario:

Publicar un comentario