venres, 16 de decembro de 2011

Bolsas Vulcanus en Xapón 2012

Para estudantes enxeñeiros da Unión Europea, os candidatos deben ser nacionais dun estado membro da Unión Europea e estudantes enxeñeiros ou universitarios (informática, física, química, electrónica, biotecnoloxía, materiais metálicos, cerámica, sistemas de producción...). O nivel de estudos superiores mínimo requirido é de tres anos.

Data límite de envío de candidaturas: 20 de xaneiro 2012
Datas desenvolvemento bolsa: setembro 2012 a agosto 2013

Os estudantes reciben unha bolsa de 2.000.000 ien destinada a financiar a viaxe e a súa estanza en Xapón. A empresa de acollida ocuparase do seu aloxamento durante os 12 meses. O curso de xaponés e o seminario están a cargo do Centro para a cooperación Industrial entre a UE e Xapón.

Organiza:
EU-Japan Centre for Industrial Cooperation
Rue Marie de Bourgogne 52 - B-1000 Brussels - Belgium
Tel: +32 (0) 2 282 00 40 - Fax: +32 (0)2 282 00 45
Email: office@eu-japan.eu
http://www.eu-japan.eu/global/vulcanus-in-japan.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario