xoves, 5 de xaneiro de 2012

Becas de formación para Florencia

O Ministerio de Educación convoca 16 bolsas e contratos do Programa Salvador de Madariaga no Instituto Universitario Europeo de Florencia (IUE).

As áreas científicas que poderán ser obxecto dos proxectos a realizar no IUE son:
a) Historia e civilización. Reconsiderando a historia de Europa. Historia da expansión europea. Historia da cultura (séculos XV a XX). A Historia das ideas e a Historia da ciencia. Estado, Economía e Réximes políticos (séculos XV a XX). Historia internacional e Historia da integración europea. Xénero, muller e familia.
b) Economía. Estatística e econometría. Macroeconomía. Microeconomía.
c) Dereito. Europeización do dereito privado. Impacto da constitucionalización e a ampliación sobre o dereito da Unión Europea. Impacto da globalización no dereito internacional e os dereitos humanos: Perspectiva europea.
d) Ciencias políticas e sociais. Transformación de goberno e democracia. Cambio social. Estudo comparativo de políticas públicas. Estruturas políticas e sociais e comportamento. Relacións internacionais e seguridade. Teoría social e política.

A duración máxima das axudas será de corenta e oito meses. As axudas estrutúranse en dous períodos diferenciados, o primeiro en réxime de bolsa e o segundo de contrato en prácticas.
As axudas comprenderán:
Unha dotación económica mensual de 1.400 € durante a fase de bolsa dos dous primeiros anos e de 1.500 € durante a fase de contrato durante o terceiro e cuarto ano.
Unha axuda de viaxe de incorporación para o primeiro e outra para o terceiro ano por un importe total de 700 € cada unha.

Os beneficiarios das axudas serán incorporados ao réxime xeral da Seguridade Social e terán a cobertura da asistencia sanitaria do sistema de Seguridade Social.

Requisitos: título de licenciado ou equivalente, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, para a realización do doutorado nos devanditos campos.
Ter finalizado os estudos despois do 1 de xaneiro de 2003 e ser menor de 35 anos no momento de incorporarse ao Instituto.
Ter dominio de dúas linguas oficiais da Unión Europea, con preferencia do inglés e/ou francés.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 10 ao 31 de xaneiro de 2012.

Máis información no BOE do 3 de xaneiro de 2012 e en www.educacion.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario