mércores, 18 de xaneiro de 2012

Bolsas para cursos de inmersión en lengua inglesa da UIMP

O Ministerio de Educación convoca axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2012 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, Otros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias do MEC:
Bolsas de carácter xeral para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios nos cursos:
2009-2010 y 2010-2011
Bolsas de carácter xeral e mobilidade para alumnado universitario nos cursos:
2009-2010 y 2010-2011
Os cursos, tanto na modalidade de Axilidade Oral como de Inglés especializado, terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía
Os cursos terán lugar en Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, La Línea de la Concepción, Barcelona e Pireneos no período comprendido entre o 5 de marzo e o 10 de decembro de 2012.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xaneiro de 2011.
Máis información no BOE do 24 de decembro de 2011 e en www.uimp.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario