luns, 23 de xaneiro de 2012

Concurso de banda deseñada

A Biblioteca do IES Perdouro de Burela convoca o concurso de Banda Deseñada dentro dos Cuartos Encontros de Banda Deseñada da Mariña, no que rexeran as seguintes bases:

Poderán presentarse neste concurso todas as persoas interesadas, existindo as seguintes categorías:
-libre ou aberta. Poderá presentarse calquera persoa que non gañara en anos anteriores.
-categoría escolar para alumnos de 15 ata 18 anos.
-categoría escolar para alumnos ata 14 anos.
Cada traballo só poderá presentarse a unha das categorías.
O tema será libre, con textos en galego. Cada autor/a poderá presentar as obras que considere oportunas, non premiadas noutros concursos.
Os traballos terán que ser orixinais cunha extensión mínima de catro páxinas, en cores ou branco e negro. A técnica libre e en tamaño DIN A4.
Con autoría individual ou de dúas persoas: debuxante e guionista. O estilo, tratamento e xénero serán libres. O contido das obras non poderá atentar contra a integridade das persoas.
Os traballos enviaranse a: IES Perdouro, rúa do instituto sen número, 27880 Burela (Lugo).

O prazo de presentación dos traballos remata o 20 de marzo de 2012.

Premios:
Categoría Libre ou Aberta:
1º Premio: Ordenador portátil e tableta dixitalizadora.
2º Premio: Tableta dixitalizadora.
● Categorías escolares:
1º Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
2º Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
● Publicación das obras seleccionadas polo xurado nas diferentes categorías.
http://www.culturagalega.org/docs/bases_concurso_CUARTOS_ENCONTROS_DE_BANDA_DESENHADA_NA_MARINHA.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario