mércores, 18 de xaneiro de 2012

Probas para a obtención dos Celga 1, 2, 3 e 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2012.
Destinatarios: persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2012, nacionais ou estranxeiras.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de abril de 2012.
Datas de realización das probas:
Celga 4: 2 de xuño de 2012.
Celga 2: 3 de xuño de 2012.
Celga 3: 9 de xuño de 2012.
Celga 1: 10 de xuño de 2012
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es

Máis información en www.xunta.es/linguagalega e no DOG do 17 de xaneiro de 2012.

Ningún comentario:

Publicar un comentario