luns, 26 de marzo de 2012

Cursos de condución segura

Poderán inscribirse nos cursos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos que estean en posesión do carné de conducir B.

Os cursos impartiranse no Circuíto da Madanela, no Concello de Forcarei (Pontevedra) as fins de semana do 21 e 22 de abril e 28 e 29 de abril, e no Circuíto da Pastoriza, no Concello da Pastoriza (Lugo) as fins de semana do 5 e 6 de maio e do 12 e 13 de maio.

A inscrición é mediante o seguinte formulario:

Formulario de Solicitude para A Madanela

Formulario de Solicitude para A Pastoriza

Descarga o Folleto de Condución Segura

Para máis información:

- Para o circuíto da Madanela, no número de teléfono 986817781

- Para o circuíto da Pastoriza, nos números de teléfono 982294224

Ningún comentario:

Publicar un comentario