A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca
113 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante
o verán de 2012, co obxecto de coñecer a lingua dese país, dirixidas ao
alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do
sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en
Galicia, para o curso 2011/2012.
O curso de idiomas terá que ser realizado no período comprendido,
única e exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2012.
A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 €.
Requisitos:Estar matriculado/a no curso 2011/2012, como
mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en
calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos
centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de
grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro
técnico ou arquitecto técnico.
Ter superado no momento de
presentación da solicitude 60 créditos en titulacións de 1.º ciclo ou
120 créditos en titulacións de grao e de 1.º e 2.º ciclo.
Teren unha
puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00
puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades,
Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00
puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
O curso de
idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15
horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá
corresponderse co idioma oficial do país elixido.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xuño de 2012.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED416A
Máis información no DOG do 14 de maio de 2012 e en www.edu.xunta.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario