martes, 8 de maio de 2012

Obradoiros intensivos de iniciación ao alemá

O primeiro dos cursos intensivos de iniciación á lingua alemá impartirase dende o 9 de xullo ao 10 de agosto en horario de mañá de 11 a 13.30h no Centro Social de Boiro.
O curso será impartido pola Asociación Galega de Xermanistas e o prezo do curso completo é de 150 euros. Ao finalizar entregarase diploma acreditativo.

Para realizar a inscrición no curso intensivo de alemá débese acudir a Oficina de Información Xuvenil no Centro Social de Boiro(1º andar) ou no teléfono 981842635.

Ningún comentario:

Publicar un comentario