xoves, 10 de maio de 2012

Programa de lecer para persoas con discapacidade

A finalidade deste programa de lecer é proporcionar experiencias de vida diferente nun medio ambiente novo, socialización, respiro familiar, estimulación da autonomía persoal e realización de actividades culturais, lúdicas e deportivas. O programa desenvolverase en dúas quendas dunha semana de duración no mes de setembro, a 1ª quenda do 2 ao 8 e a 2ª quenda do 9 ao 15 de setembro.
O lugar de celebración será na Residencia de Ocio e Tempo Libre “AIXIÑA” situada en Sanxenxo.
En cada quenda, ademais das 12 persoas usuarias haberá dúas persoas voluntarias e catro persoas de apoio. As persoas usuarias serán persoas con grandes discapacidades e con idades comprendidas entre os 25 anos e os 60 anos.

Para máis información:
http://www.voluntariadogalego.org/web/asocia.php?mod=not&asc=640

Ningún comentario:

Publicar un comentario