O departamento de emprego do Concello de Boiro, organiza en colaboración ca Oficina de Información Xuvenil, un seminario gratuíto, para a xuventude de avaliación de ideas empresariais. O seminario realizarase no Centro Social en 3 sesións: 1, 8 e 15 de xuño (de 16.00 a 21.00 horas).
Sesión 1: Xeración de ideas (1 de xuño)
Sesión 2: Maduración de ideas (8 de xuño)
Sesión 3: Avaliación cualitativa da idea (15 de xuño)
Os obxectivos son: crear, analizar e rendibilizar unha idea empresarial, a través do coñecemento da dita idea e da súa maduración, que permita a aproximación á viabilidade económica do proxecto de empresa e do seu potencial como negocio.
As inscricións pódense facer ata o 24 de maio de 2012 no Departamento de emprego do Concello de Boiro (2º andar).
Ningún comentario:
Publicar un comentario