venres, 1 de xuño de 2012

Bolsas de xestión da teleformación na EGAP

A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa destinada a formar especialistas en aspectos técnicos relativos ao ámbito da teleformación, tales como sistemas informáticos e telemáticos, desenvolvementos, bases de datos e contornos de desenvolvemento cliente/servidor.

Os/as destinatarios/as desta bolsa recibirán formación titoriada e colaborarán na aplicación formativa das novas tecnoloxías aos empregados públicos. As liñas de especialización tratarán sobre materias tales como:
-Desenvolvemento de test de aplicacións: validación e execución de probas funcionais de produtos desenvolvidos para a organización.
-Elaboración de recursos educativos e-learning.
-Administración de sistemas informáticos do contorno da formación.
-Integración de ferramentas colaborativas 2.0 no contorno da formación.
As actividades de formación iniciaranse o 1 de xullo de 2012 e rematarán o 31 de decembro de 2012.

O importe da bolsa será de 1.100 € brutos mensuais.

Requisitos: Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e acreditada algunha titulación en FP de ciclo superior ou FP II, en calquera especialidade relacionada coa informática (informática de sistemas, desenvolvemento de aplicacións informáticas, administración de sistemas informáticos, desenvolvemento de produtos electrónicos e informática de xestión).

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de xuño de 2012.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770E

Máis información no DOG do 31 de maio de 2012 e en http://egap.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario