mércores, 13 de xuño de 2012

Bolsas do Igape para licenciados/as

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convoca bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas.
Requisitos dos solicitantes:
– Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
– Ser natural de Galicia.
– Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao de emigrantes galegos no exterior.

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias: física, enxeñaría, matemáticas, química, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía, e dereito.
A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de 12 meses.

A contía das bolsas é de 9.960 € anuais (830 mensuais).

Os titulados incorporaranse en primeiro lugar a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a seguir realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora para implantar en pequenas e medianas empresas, período en que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de xullo de 2012

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IG401B

Máis información no DOG do 12 de xuño de 2012 e en www.igape.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario