luns, 11 de xuño de 2012

Certame Novos Valores de Artes Plásticas

A Deputación de Pontevedra convoca o certame Novos Valores de Artes Plásticas
Requisitos:Poderán participar nestes premios, sen límite de idade, todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas, videocreadores, etc.) naturais ou residentes na provincia de Pontevedra.
As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen expostas noutras mostras, individuais ou colectivas, ou figurasen noutros concursos. Só se aceptará unha obra por artista. O seu peso non será superior a 50 Kg e a súa máxima dimensión non superará os 1,50 m. No apartado de audiovisuais, admitiranse obras unicamente en soporte CD ou DVD, non podendo exceder a duración da proxección de cinco minutos.
O prazo de recollida das obras será desde o día 20 ata o 28 de xuño.
As obras presentadas aos presentes premios serán obxecto dunha primeira selección, coa que se conformará a exposición.
Todas as obras seleccionadas serán exhibidas na páxina web do Museo Provincial de Pontevedra http://www.museo.depo.es/ como complemento da exposición.
Premios:1º premio: 4.000 €.
2º premio: 3.000 €.
3º premio: 2.000 €.
Máis información no BOP de Pontevedra do 11 de xuño de 2012.

Ningún comentario:

Publicar un comentario