venres, 1 de xuño de 2012

Cursos intensivos de alemán

Aberto o prazo de matrícula do curso 
de verán de alemán que organizan a 
AsociaciónGalega de Xermanistas e 
o concello de Boiro 


- OS INTERESADOS TEÑEN DE PRAZO ATA
 O 31 DE XULLO PARA ANOTARSE. 
PODEN FACELO NO  TELÉFONO  DO 
CENTRO SOCIAL DE BOIRO 981 842 635 

-AS CLASES COMEZARÁN O 9 DE XULLO 
E REMATARÁN O 10 DE AGOSTO.  

- ESTE É O SEGUNDO ANO NO QUE SE 
REALIZA ESTE CURSO,DE NIVEL BÁSICO, 
DO QUE XA SE BENEFICIARON MÁIS 
DE 60 ALUMNOS NA PASADA EDICIÓN. 

A Asociación Galega de Xermanistas e o 
concello de Boiro poñen en marcha
unha nova edición das clases de alemán básico.
Trátase dun curso intensivo de iniciación en alemán
(A1), apto para calquera cidadán que queira
achegarse por primeira vez a esta lingua. 

En total a duración é de 42 horas distribuidas en clases semanais, 
de luns a venres, en horario de mañá: de 11.00 a 13.00h.
O curso comeza o 9 de Xullo e rematará o 10 de agosto, cun custo por 
alumno de 150 euros. 
Impartirase nas instalacións do Centro Social de Boiro e os interesados
poden apuntarse ou pedir información no Centro Social de Boiro 
ou no número de teléfono 981 842 635

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario