xoves, 14 de xuño de 2012

Subvencións para apoiar o movemento asociativo xuvenil

O Instituto da Xuventude convoca subvencións a programas dirixidos a mozos entre 14 e 30 anos para apoiar o movemento asociativo xuvenil e a súa participación social, así como ao fomento de programas que posibilite a autonomía e promovan a igualdade de oportunidades dos e as mozas.

Requisitos:Estar legalmente constituída como:
a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís.
b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións no que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís.
c) Entidades prestadoras de servizos á xuventude, dedicadas con carácter habitual á realización de actividades en favor da xuventude segundo previsión expresa nos seus Estatutos.
Ter ámbito de actuación estatal segundo os seus Estatutos.
Estar constituída polo menos con dous anos de anterioridade á data de publicación da convocatoria.
Acreditar documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas.
Carecer de fins de lucro.
O prazo para presentar soicitudes estará aberto ata o 13 de xullo de 2012.

Máis información no BOE do 13 de xuño de 2012 e en www.injuve.es ou http://xuventude.xunta.es/201206137990/subvencions-a-asociacions-xuvenis.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario