xoves, 2 de agosto de 2012

Apertura da oficina de fomento do cooperativismo de Arousa Norte

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte conta cun novo servizo para a creación de emprego cooperativista e fomento da economía social. No día de onte, 1 de agosto, ten a disposción unha oficina de fomento de cooperativismo na que todas as persoas desempregadas ou interesadas poden informarse. Esta oficina está subvencionada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais, a través da Consellería de Traballo e Benestar, formando parte da Rede Eusumo.
Nela realizaranse actividades de formación, información, promoción e sensibilización á sociedade para divulgar os valores cooperativos dando apoio a emprendedores e promotores cooperativistas, facendo especial fincapé en mozos/as, desempregados/as e  mulleres en xeral. Asesorará sobre os trámites constitutivos e fará un acompañamento a proxectos de nova creación, dándolles soporte técnico.

Para contactar poden acudir á oficina da Mancomunidade sita na Casa do Concello, 2º andar, en Boiro, no teléfono 981 845 236 preguntando polo técnico de fomento do cooperativismo, a través do correo cooperativismo@arousa-norte.es ou obter máis información no Blog da Mancomunidade no que proximamente abriremos un apartado específico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario