luns, 13 de agosto de 2012

Bolsas de colaboración para universitarios

Obxecto e beneficiarios: promover a iniciación en tarefas de investigación dos estudantes universitarios que vaian finalizar os estudos de segundo ciclo ou de Grao ou que estean a cursar primeiro curso de Másteres universitarios oficiais, mediante a asignación dunha bolsa que lles permita iniciarse en tarefas de investigación vinculadas cos estudos que están a cursar e facilitar a súa futura orientación profesional ou investigadora
Condicións: A dotación total e única da bolsa para todos os beneficiarios será de 2.700 euros. Nesta cantidade enténdese incluído o importe dos prezos públicos por servizos académicos. Poderá obterse a condición de beneficiario desta bolsa nun único curso académico e por unha soa vez, sendo compatible soamente coas bolsas de carácter xeral e de mobilidade para o curso 2012-2013, convocadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para os estudantes universitarios.
Nas universidades galegas hai a 221 prazas distribuidas en: A Coruña- 52, USC- 103, Vigo- 66.
Prazo: ata o 25 de setembro 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario