A Consellería de Traballo e Benestar abre hoxe o prazo de inscrición
para que os mozos e mozas galegas, de entre 18 e 30 anos, podan acudir
ás actividades programadas en Braga, a cidade lusa elixida este ano como
a Capital Europea da Xuventude.
Para elo, a Dirección Xeral de Xuventude oferta un total de 90 prazas
distribuídas en tres fins de semana diferentes, unha iniciativa que
inclúe aloxamento en Braga e servizo de transporte desde as cidades de
Santiago, Pontevedra e Vigo. Deste xeito, ofértanse 30 prazas para os
fins de semana do 12 de agosto e 1 e 8 de setembro. Os interesados poden
cursar xa a súa solicitude a través da web www.xuventude.net.
Os participantes poderán acudir o 12 de agosto, con motivo do Día
Internacional da Xuventude, a diversas actividades de animación na praia
fluvial de Adaúfe. Haberá 6 horas de música ininterrompidas coa
presenza de bandas musicais emerxentes e DJ’s relevantes do panorama
musical actual.
A música tamén será a protagonista nas actividades do 1 de setembro.
Celebrarase a ’Ponte party People’ con grupos musiciais e DJ’s no
parque de Braga. E o 8 e 9 de setembro descorrerá a ‘Noite Branca’, un
evento de 24 horas que ten como obxectivo principal transformar Braga
nunha gran instalación artística, abrindo ininterrompidamente todas as
áreas de entretemento, tanto espazos públicos e privados. Este evento
permitirá a animación continua das rúas da cidade de Braga, con
distintos espectáculos de artes performances e circenses, música e
proxección multimedia, entre outros.
A posta en marcha destas prazas para a mocidade galega é unha
iniciativa enmarcada dentro do proxecto Emprende, financiado polo
programa de cooperación transfronteiriza galicia-Norte de Portugal
(Poctep). Un dos obxectivos principais deste proxecto é a mobilidade
xuvenil e o intercambio de experiencias entre mozos de Galicia e o norte
de Portugal.
Consulta as normas de participación
Formulario de inscripción
Ningún comentario:
Publicar un comentario