venres, 28 de setembro de 2012

Axudas para estudios

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca bolsas ou axudas para os alumnos que cursen ensinanzas universitarias adaptadas ao EEES, conducentes aos títulos oficiais de grao ou ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

A axuda consistirá no pagamento do importe das taxas e dos prezos públicos oficiais por servizos académicos, para o curso 2012/13, que fose efectivamente aboado polo beneficiario.
Tanto a exención das taxas como as axudas para o pagamento dos gastos de matrícula alcanzarán unicamente as materias ou créditos de que se teña matriculado o solicitante, no curso 2012/13, nunha única titulación e especialidade.

Información:
http://xuventude.xunta.es/201209288698/axudas-para-a-realizacion-de-estudos-universitarios-en-galicia.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario