mércores, 12 de setembro de 2012

BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA XÓVENES

A Fundación Juana de Vega convoca bolsas de investigación para titulados superiores con título
de doutor, co obxecto de que poidan desenvolver un traballo de investigación que complemente a
súa formación de terceiro ciclo, en centros de excelencia estranxeiros, por un período mínimo de 12
meses, prorrogable por outros 12 e sobre temas relacionados coas seguintes áreas:
- Agricultura.
- Gandería.
- Acuicultura.
- Medio ambiente e recursos naturais.
- Enerxías renovables

• Requisitos:
Ser residente en Galicia, ou no seu defecto, ter nacido en dita Comunidade Autónoma ou ser fillo de pai ou nai nacidos na mesma.
Posuír un título superior de calquera universidade española e contar ademais co título de doutor. No caso de ter un título superior ou
de doutor dunha universidade estranxeira, ten que estar oficialmente validado polo Ministerio de Educación e Ciencia.
Posuír un bo coñecemento, tanto oral como escrito, do idioma do país elixido ou, no seu caso, de calquera outro idioma que permita
unha comunicación fluída no centro de investigación receptor.
Estar admitido nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro.
Non ter desfrutado con anterioridade doutras bolsas de idéntica ou similar natureza ás deste programa.

• Dotación:
A dotación económica de cada bolsa comprenderá:
-Unha asignación de 25.000 € anuais, que será aboada por mensualidades vencidas.
-Unha viaxe de ida e volta en avión en clase turista por cada ano de estadía.
-Seguro de enfermidade e accidentes para o bolseiro polo tempo de permanencia no centro receptor.

• Prazo:
As solicitudes deberán presentarse coa documentación requirida, na sede da Fundación Juana de Vega, Rúa Salvador Allende, nº 92,
15176 San Pedro de Nós – Oleiros, A Coruña ata o día 14 de setembro de 2012.

Máis información en: http://www.juanadevega.org/es

Ningún comentario:

Publicar un comentario