mércores, 10 de outubro de 2012

Bolsas axuda ao transporte do Concello de Boiro



Xa podedes consultar as BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS TÉCNICOS, MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS na páxina web do Concello ou na OMIX.

O prazo para solicitar as axudas é dende o día 1 de decembro do 2012 ata o 15 de xaneiro do 2013, ámbolos dous inclusive.


Os documentos que debedes presentar no Rexistro do Concello de Boiro son:

a) Certificado ou resgardo da matrícula.
b) Xustificantes de ingresos económicos (última declaración da renda da unidade familiar, conxunta ou individuais, ou certificado de ingresos expedido pola axencia tributaria no caso de non existir obriga de presentación da declaración da renda, ou copia das dúas últimas nóminas).
c) Volante de empadronamento da unidade familiar. Debe constar unha antigüidade mínima do solicitante de 2 anos.
d) Certificación, no seu caso,de minusvalías.
e) Certificación dos datos bancarios do/a solicitante.
f) Outra documentación que se estime oportuna non recollida nos apartados anteriores.
g) Os documentos que se aporten coa solicitude deberán estar cotexados.


Para calquera dúbida:
Oficina de Información Xuvenil(Centro Social de Boiro-1º andar)
R/ Poeta Manuel María s/n. 15930. Boiro
981842635/omix@boiro.org



Ningún comentario:

Publicar un comentario