martes, 16 de outubro de 2012

Bolsas High School

A Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié convocan a IV Edición do programa de bolsas para a realización dun ano académico en Estados Unidos nun instituto High School en lingua inglesa, promovendo a aprendizaxe e intercambio de culturas.

Requisitos:1. Ter cumprido 15 anos antes do 1 de agosto de 2013.
2. Ser alumno de 4º de ESO nun Centro de Ensino en Galicia.
3. Ter, como media académica, unha media mínima de 7,5 puntos no curso escolar anterior á solicitude (3º de ESO), certificado polo Centro de Ensino.
4. A cualificación da materia de inglés do curso anterior (3º de ESO), deberá ser como mínimo de 7 puntos, certificado polo Centro de Ensino.
5. Formulario de inscrición debidamente cumprido e enviado a través da web www.becashighschool.org
6. Todos os alumnos deberán presentar Certificado correspondente ás declaracións de IRPF do exercicio do ano anterior, expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, co fin de
establecer a renda per cápita da unidade familiar.
Os alumnos pre-seleccionados serán convocados pola Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié para a realización dunha proba de nivel escrito e de nivel oral e dos seus coñecementos de lingua inglesa.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de novembro de 2012.

Máis información en http://www.becashighschool.org/

Ningún comentario:

Publicar un comentario