xoves, 18 de outubro de 2012

Obradoiros para emprendedores

A Asociación Plataforma polo Emprego no marco do programa Emerxendo (proxecto integral para o emprendemento e dinamización socioeconómica en áreas rurais e semiurbanas) pon en marcha a actividade Dinamización de creación de empresas “Medrando, Obradoiros de Emprendemento 2012”

convocatoria vai dirixida a todas as persoas interesadas
O obradoiro ofrece un itinerario completo que inclúe:
Curso de formación empresarial básica totalmente gratuíto.
O asesoramento e tutela personalizada para cada proxecto
As persoas interesadas poden remitir o formulario de inscrición ao enderezo electrónico plataformaemprego@gmail.com ou por fax  ao 981 580 506.

O curso desenvolverase os días 23,24 e 25 de outubro dende as 16:30 ata ás 19:30 no Centro Sociocultural de Fontiñas, en Santiago de Compostela.

O prazo de inscrición remata o 19 de outubro.

Máis información Plataforma polo Emprego, tel.: 981 580 506.
www.plataformapoloemprego.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario