Recordámosvos que o luns 3 de decembro podedes entregar no rexistro do concello de Boiro, as solicitudes de axudas ao transporte ata o 15 de xaneiro do 2013, ámbolos dous inclusive. As
 solicitudes formularanse segundo o modelo Anexo 1 e
 acompañaranse dos seguintes documentos:
a) Certificado ou resgardo da matrícula.
b) Xustificantes de ingresos económicos
 (última declaración da renda da unidade familiar, conxunta ou 
individuais, ou certificado de ingresos expedido pola axencia tributaria
 no caso de non existir obriga de presentación da declaración da renda, 
ou copia das dúas últimas nóminas).
c) Volante de empadronamento da unidade familiar. Debe constar unha antigüidade mínima do solicitante de 2 anos.
d) Certificación, no seu caso,de minusvalías.
e) Certificación dos datos bancarios do/a solicitante.
f) Outra documentación que se estime oportuna non recollida nos apartados anteriores.
g) Os documentos que se aporten coa solicitude deberán estar cotexados.
 Ademais das axudas do Concello de Boiro para o transporte tamen contades con outras opcións:
BONOS DESCONTO EMPRESA ARRIVA
 Bono 10 viaxes_________10% desconto caduca aos 3 meses*
Bono 20 viaxes_________ 20% desconto caduca aos 6 meses*
Tarxeta mensual________44 viaxes; 40% desconto caduca ao mes**
* Estos bonos se solicitarán directamente na empresa de transporte Arriva
**en
 caso de estar interesado en esta tarxeta debes entregar no centro 
social unha fotocopia do DNI, unha foto carné e o nº de tlf.
TRANSPORTE COMPARTIDO
 Dende
 o Centro Social estamos xestionando unha campaña para poñer en contacto
 estudiantes que necesiten empregar o coche nos mesmos horarios e 
destinos. Para poder empregar este servicio tes que inscribirte no 
Centro Social(1º andar).
Mais información de calquera de estas opcións e servizos na OMIX Boiro(Centro Social-1º Andar).
Ningún comentario:
Publicar un comentario