Estas pensando en que facer: seguir estudiando? buscar traballo no estranxeiro? queres aprender idiomas? queres viaxar?
En calquera de estos casos, tes unha opción que debes coñecer, o SVE, o servicio de voluntariado europeo, te permite participar nun proxecto como voluntario durante 9 ou 12 meses nunha organización dalgún dos países europeos.
Se queres coñecer algo mais acerca de este programa non tes que irte moi lonxe, na OMIX, informarémoste e axudámostecos trámites para atopar unha organización na que realizar o servicio de voluntariado.
En Boiro xa temos algunha que outra experiencia con rapaces que se animaron e viaxaron ata Italia, Irlanda, Rumanía,... queres probar?
Ningún comentario:
Publicar un comentario