mércores, 19 de decembro de 2012

Praza de responsable de biblioteca

Trátase dunha biblioteca especializada en Ciencias Sociais, fundamentalmente en Economía e con especial interese nos temas monetarios, financeiros e de Historia Económica; complementariamente, cobre tamén outros campos das Ciencias Sociais, como o Dereito e a Historia.
Os usuarios da biblioteca son os empregados do Banco, pero tamén está aberto a usuarios externos e, de modo especial, aos investigadores.
Preténdese seleccionar un especialista con coñecementos e experiencia de polo menos cinco anos no desempeño de postos de responsabilidade en bibliotecas con obxectivos similares aos da biblioteca do Banco de España.


A data límite é o 21 de Xaneiro de 2013. Mais info

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario