venres, 8 de febreiro de 2013

Bolsas Leonardo da Vinci da Deputación de Ourense

Requisitos:Posuír titulación universitaria oficial acreditada por universidades españolas ou recoñecidas polo Ministerio de Educación, ou estar en condición de obtela titulación na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data do ano da convocatoria deste concurso.
Posuír coñecemento de portugués e/ou inglés cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada.
Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario.
Non ter gozado anteriormente dunha bolsa do Programa Leonardo da Vinci do grupo obxectivo PLM: persoas no mercado laboral.
O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 22 de febreiro de 2013.

Se queres máis información pincha neste enlace

Ningún comentario:

Publicar un comentario