mércores, 13 de febreiro de 2013

Formación para novos emprendedores

Nace  o Startup Pirates, unha organización  cuxo programa formativo está a se estender por todo o mundo. O obxectivo? Acelerar a posta en marcha de diversos proxectos emprendedores mediante actividades de formación, mentoring, e desenvolvemento de novas ideas agrupadas nun programa de aprendizaxe ao longo dunha intensa semana.
Startup Pirates que se celebrará en Vigo este mes de maio (entre o 25 de maio e o 1 de xuño). A única condición é que os proxectos resultantes dese programa de formación se centren no emprendemento social
Na páxina web de Startup Pirates Vigo atoparás toda a información sobre cómo apuntarte e a axenda de actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario